top of page
Banda Ukeleles.jpeg

A nosa banda!!

Con traballo e implicación podes formar parte das dúas "Bandas oficiais do Cole"; O Grupo de Música Tradicional e a Nosa "UkeleleBand".

Esta última está en proceso de formación, e se queres saber como facerte integrante só tés que seguir lendo...

"UkeleleBand"   e  "Ghaiteir@s Ramalloseiros"

Esta actividade xa se empezou a desenvolver a través do grupo de música tradicional que creamos para actuar en diferentes eventos do cole; Magosto, Día de Rosalía, Letras Galegas... Ben pois agora dámoslle outra volta de folla coa creación tamén da nosa "UkeleleBand", a banda de Ukeleles do cole.

Para poder pertencer a esta banda deberás acadar o "carnet" que acredita a túa implicación, traballo e habilidades co instrumento e que se conseguirá a partir do traballo amosado nas clases semana a semana.

O proceso para  a selección dos integrantes de "Ghaiteir@s Ramalloseir@s", o noso grupo tradicional de cabeceira, será o mesmo. E tamén terán o seu carnet especial.

Este carnet traerá consigo unha series de privilexios, entre os que podemos destacar: 

- Subida na nota académica no correspondente instrumento.

- Tempos de lecer durante o horario lectivo para ensaios e organización de actuacións.

- Participación en gravacións musicais no estudo de radio.

E moitas cousas máis que iredes descubrindo!!

Arrancamos na 2ª avaliación o proceso de creación da UkeleleBand, pero xa podemos ver unha fotiño da formación actual dos "Ghaiteir@s Ramalloseir@s"

GhaiteirosRAMALLOSEIROS.jpg
Banda Ukeleles2.jpeg

Proxecto UkeCole

Entra aquí

Email 

Follow

  • Icono Social SoundCloud
  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
  • Instagram
bottom of page